Tamén finaliza a súa andaina lectora o Club de Lectura "Papalibros" de 5ºEP.
Comezaron a súa viaxe, como non pode ser doutra maneira, cunha maleta. Pero non unha maleta calquera. Unha maleta que traía catro libros. O reto encomendado era viaxar polo mundo a través do mapa seguinte e relacionar os lugares significativos dos libros con sitios emblemáticos de A Coruña.
Nesta viaxe, leron "Lena, Theo y el mar" onde descubriron unha pequena aldea noruega chamada Terruño Mathilde e onde os valores da amizade e o amor estiveron moi presentes.
Tamén se atoparon co Amazonas, lendo o libro "A folla azul" onde os protagonistas amosaron moita valentía e a natureza era o escenario maioritario.
Seguiron as sesións de lectura a través do libro "La canción del pájaro TOC" onde debatiron e comentaron sobre o importante concepto da liberdade.
E finalmente, leron "El árbol que crecía en mi pared" para coñecer e entender unha capacidade moi importante para a vida: a resiliencia.
Grazas de novo ás colabordoras da biblioteca municipal de Los Rosales por dinamizar os nosos clubs de lectura.
Ata o próximo, ano, lectores e lectoras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario