venres, 15 de setembro de 2023

Clubs de lectura e diálogos

Este curso seguimos desenvolvendo actividades relacionadas coa lectura en horario extraescolar polas tardes.

Presentámosvos os diferentes Clubs de Lectura e Diálogos Filosóficos aos que poderedes inscribirvos. A continuación tedes toda a información de cada unha destas actividades organizadas dependendo o curso no que esteades este ano.

4ºEP

CLUB DE LECTURA - VIAXEIROS POR PAPEL 

(as 15 prazas están cubertas, en caso de renuncias abrirase de novo o formulario)

 

CLUB DE LECTURA DE FICCIÓN DIXITAL - ENRE2 EPB

 

5ºEP

CLUB DE LECTURA - PAPALIBROS

 

CLUB DE LECTURA EN INGLÉS - BOOKLAND

(as 15 prazas están cubertas, en caso de renuncias abrirase de novo o formulario)

 

DIÁLOGOS FILOSÓFICOS HILOMUNDOS

 

6ºEP

CLUB DE LECTURA - BOLBORETAS LECTORAS

 

CLUB DE LECTURA EN INGLÉS - BOOKWORMS 

(as 15 prazas están cubertas, en caso de renuncias abrirase de novo o formulario)

Podedes preinscribirvos na actividade que desexedes premendo no texto da presentación, cada actividade ten unhas prazas máximas establecidas nos respectivos formularios. A inscrición será formalizada cando desde o centro se entregue aos nenos/as o formulario que terá que devolverse asinado pola familia do alumno/a.


Agardámosvos a todas/os nas tardes da biblio!

Ningún comentario:

Publicar un comentario