martes, 21 de xaneiro de 2020

Uns obxectos moi queridos

Na primeira sesión do ano, formularon hipóteses do que podería haber detrás da imaxe que vían a través de pequenos buratos: “un enreixado similar á que hai nas pistas do colexio (para protexernos de caídas nos desniveis), un tendal de roupa, o disfrace de Halloween (porque a roupa está manchada de sangue)”…

Ao mesmo tempo que se ampliaba o campo de visión, argumentaban de forma máis solidaria:

“Un lugar de reciclaxe do que xa non usas, pero que pode servir para quen non o ten”.
“Unha obra artística en protesta polo cambio climático, porque parece a rede dun pescador que recolle o que hai tirado no océano; para que a xente vea o que non se pode facer” …
e incluso “unha homenaxe a unha persoa asasinada”.

Pero … como é o “fío” que se ve?
“Como o que vexo nas granxas, para que as vacas e touros non escapen”.
“É o enreixado dunha cárcere, con espiñas para quedarte cravado e cunha especie de coitelo que corta”,
“Similar a onde a xente vivía como escravos, antes. Tiña un muro así, para que a xente non escapase”.

Sobre un alame de espiños (que agora forma parte da instalación Hilomundos), e axudándose dun obxecto co que manteñen algún vínculo emocional, compartiron o que perderían si lles caera e deixara de formar parte da súa equipaxe de vida: Candela, sen o seu libro, non descubriría máis; se Bea perdera a pulseira que fixo cunha amiga, non sabería si o desexo que pensaron xuntas se chegaría a cumprir; quizás Muluye non sabería falar se non o fixera antes co seu boneco; Xacobo non melloraría as súas respostas sen poder borrar as súas confusións; Libe non xogaría con xoguetes que non fosen seus e Eire viaxaría menos acompañada; Emiko sentiríase máis lonxe da súa curmá xaponesa e Antía dunha das súas mellores amigas; os debuxos e escritos de Catuxa non serían mais importantes ca o instrumento que utiliza; seguro que Noa aínda seguiría tendo medo á escuridade e Xurxo, sen as súas baquetas, non estaría tranquilo nin desestresado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario