Este curso 2022-2023 os Diálogos Filosóficos na Biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán estiveron centrados no AUTOCOÑECEMENTO.
Unha vez ao mes reflexionamos sobre quen somos realmente, a persoa que somos agora e a que desexamos ser no futuro. Fixémolo falando sobre os nosos nomes, os cambios que vivenciamos ao longo da nosa vida, como nos mostramos ao mundo e o moito que nos achegan as persoas coas que convivimos.
Terminamos cada sesión traduciundo as nosas palabras a algún outro tipo de linguaxe. Fixemos composicións de colaxes, deseñamos slogans, creamos as nosas propias "shadow sculptures", compartimos a nosa liña de vida e d a coñecer a través dos nosos autorretratos.
Gustounos acudir cada mes a esta actividade, por iso creamos un virus para que vos contaxiase as ganas de apuntarvos o vindeiro curso, podedes velo na porta de entrada interior da biblioteca.
Contáxiate co virus DIALOGUITIS!
Queres unirte ao noso grupo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario