Publicamos o último episodio da terceira tempora do programa Onda Ti, no que recollemos as gravacións dos nenos/as das diferentes etapas e cursos do CEIP Emilia Pardo Bazán. Este programa, que comezou no confinamento e que xa vai pola terceira temporada e 17 episodio publicados, quere ser unha recompilación do traballo que desenvolve o alumnado no estudio de Emilia na Onda. Como en anteriores ocasións a próxima semana cada sección estará publicada no respectivo programa da canle en Ivoox.
A
modo de sumario presentamos o contido deste episodio de Onda Ti: neste programa o fío conductor será a música do Coro das emocións, que deu un concerto o pasado venres 17 de xuño acompañados por músicos do IES Monte das Moas, as seccións clásicas de "El jardín de Juanita" e "Book nook", tamén atoparedes información sobre seres mitolóxicos relacionados co mar e algúns animais mariños, que investigaron nos
obradoiros de Legocéano, o final do "Conto que vai e vén" que realizamos en colaboración co alumnado do IES Salvador de Madariaga, a entrevista a Andrea Maceiras, a sección da BM de Los Rosales, nesta ocasión Marta e David cóntannos que nos espera na biblioteca no verán.
Remataremos con "Temos unha mensaxe de...", na que nenos/as de 6º de EP despídense da súa etapa no colexio. Que teñades unha boa viaxe!
Agardamos que gostedes do programa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario