O pasado venres celebramos unha nova sesión de diálogos filosóficos na BiblioLab na que a partir de anacos de imaxes foron falando sobre aquilo que vían desde como se divertían os peixes, onde estaba a persoa da imaxe, que estaba a facer... ata chegar aos motivos polos que esta nena parecía ter medo. Os nenos de 2º e 3º escribiron o seu medo (un pallaso, un virus ou estar so) nunha cuncha e a decoraron con pintura.
A través desta actividade desenvolvéronse as habilidades de percepción, de investigación, conceptualización e análise, razoamento, tradución e formulación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario