Comezou a segunda edición de ENRE2 EPB, o club de lectura de ficción dixital, na que nos achegaremos a diferentes videoxogos. Os obxectivos serán que os nenos/as coñezan outra concepción dos xogos, nos que as paletas de colores, o modo de xogar, a música, a interrelación entre o xogador/a e o xogo, en definitiva, achegarnos a diferentes temas desde un punto de vista artístico.
Comezamos con Flower, un xogo de Thatgamecompany e coa banda sonora de Vincent Diamante.
Comezamos dando a benvida ao alumnado de 4º e 5º de EP que se inscribiu nesta actividade, recordando as normas e presentar o xogo. A continuación estivemos xogando a esta obra que nos ofrece unha confrontación entre a natureza e o mundo urbano ou intervido polo ser humano.Posteriormente dialogamos sobre diferentes aspectos da obra, que sentimentos e emocións nos provocou, así como o modo de xogar.
Para finalizar a sesión cada neno/a elaborou a súa propia flor de papel con origami.
Preparados xa para a seguinte sesión!
Ningún comentario:
Publicar un comentario