A pasada semana comezamos o desenvolvemento da tarefa de Paseando con Emilia feminista, no que tratamos de descubrir as rúas da Coruña que teñen nome de muller e quen foi cada unha delas. Xa comezamos a recibir os traballos dos nenos/as que xa están expostos nas escaleiras do centro e tamén no mapa virtual que temos na páxina web do proxecto.Fonte: ©La Voz de Galicia
Esta semana preguntaremos pola información que conteñen estes traballos elaborados polo alumnado de diversos cursos de Educación Primaria e sobre as pegadas de Emilia Pardo Bazán na cidade.
As respostas ás cuestións que tiñades que investigar eran:
1.Nos pasos peonís das rúas da Coruña están escritas algunhas frases escritas por Emilia Pardo Bazán ou relacionadas con ela. Completa a seguinte frase: "Si te dicen que hay cosas que pueden hacer los hombres y las mujeres no,..."
"...di que es mentira" Esa era a conclusión da frase que compartiu con nós Emilia Pardo Bazán.2. Maruja Mallo naceu en 1902 en Viveiro. Foi membro das Sensombreiro, un grupo de mulleres que destacou polo seu arte e polo seu inconformismo. Cal foi a profesión de Maruja Mallo?
Esta excepcional pintora formou parte nos anos vinte das Sensombreiro.
3. Concepción Arenal naciu en Ferrol en 1820. Entre outras adicacións foi xurista, escritora e xornalista que loitou polos dereitos das mulleres. Por que motivo se tivo que disfrazar de home?
Na época que tiña 21 anos o acceso á universidade non estaba permitido ás mulleres, por iso tivo que disfrazarse para entrar nas clases.
4. Olimpia Valencia naceu en 1898 en Baltar. Foi unha muller moi activa na sociedade da súa época. Foi a primeira muller galega...
Foi a primeira médica galega e especializouse en xinecoloxía, aínda que prefería pneumoloxía. A sociedade da época opinaba que era unha especialidade máis axeitada para mulleres.5. María Barbeito naceu na Coruña en 1880. Foi mestra, pedagoga e tradutora, entre outras facetas. Promoveu a difusión da información e o acceso aos libros creando...
Creou unhas bibliotecas escolares para que tanto docentes como alumnado puidesen acceder á información, a libros e a publicacións.
Estas son as preguntas desta semana:
Ningún comentario:
Publicar un comentario