Recordamos as preguntas que realizamos antes das vacacións, así como as respostas correctas a cada unha delas.
1. En que data se celebra o Día da poesía?
Como xa mencionamos noutra entrada deste blog a data na que se celebra o Día da Poesía é o 21 de marzo.2. Emilia Pardo Bazán xa dixemos que non escribiu moitas obras de poesía, como se chama o seu único libro de poemas?
O seu libro de poemas adicado ao seu fillo é Jaime.
3. Se accedemos ao libro de poemas da escritora coruñesa a través da Biblioteca Nacional, cal é o seu primeiro verso do libro?
Como se pode apreciar na imaxe o primeiro verso do libro é "Fruto de mis entrañas el primero".
4. Cal destas palabras podería rimar coa última do poema XVII (43)?A última palabra que aparece no poema XVII é "derredor", polo que, entre as palabras que aparecían, a correcta sería "color".
5. Na última pregunta tiñades que escribir un poema de polo menos 4 versos que realizastes de xeito correcto.
Estas son as preguntas desta semana:
Ningún comentario:
Publicar un comentario