Segunda sesión de ENRE2 EPB na que nos seguimos movendo pola natureza, hoxe comezamos unha viaxe cun home vello que percorrerá, ademais dun camiño pola contorna natural, un camiño pola súa propia vida, na que terá que enfrontarse a diferentes situacións, algunhas moi alegres e outras non tanto.
Trátase de Old Man's Journey un videoxogo creado por Broken Rules, un estudio independiente austriaco, con banada sonora creada por Moritz "SCNTFC" Wiesinger.
Nesta sesión comezamos recordando e avaliando o xogo da sesión anterior (Flower), posteriormente xogamos ao videoxogo, para despois dialogar sobre a obra, hoxe centrámonos na narrativa do xogo, demos as nosas opinións, formulamos hipóteses sobre o seu desenvolvemento e decidimos rematalo na seguinte sesión de decembro, polo que na última sesión do ano finalizaremos Old Man's Journey.
Ningún comentario:
Publicar un comentario