Photo by Thought Catalog on Unsplash |
As respostas ás cuestións que tiñades que investigar a semana pasada eran:
1.Preto da Fábrica de Tabacos hai unha rúa adicada ás cigarreiras. Que rúa con nome de escritora nacida en Ferrol está tamén preto do edificio da Fábrica de Tabacos?
A escritora ferrolana Concepción Arenal dá nome a unha rúa próxima á Fábrica de Tabacos.2. No barrio de Los Rosales hai unha rúa co nome de Carmen Rodríguez-Losada Trulock, que fixo?
Participou na creación de varias entidades de interese social.
3. Outro dos espazos do barrio de Los Rosales con nome de muller é a praza Alcaldesa Berta Tapia, que foi a primeira alcaldesa da cidade, en que anos?
Foi alcaldesa durante uns meses entre 1978 e 1979.
4. Emilia tamén ten o seu nome nunha rúa na cidade, en que ano se aprobou darlle o nome da escritora a esta rúa?
Un pleno no 13 de novembro de 1907 acorda darlle o nome de Emilia Pardo Bazán a unha rúa na cidade.5. Despois de que Emilia tivese a súa rúa inaugurouse a estatua que aínda permanece nos Xardíns de Méndez Núñez, en que ano se inaugurou?
O 15 de maio de 1916 descóbrese a estatua da escritora nos Xardíns de Méndez Núñez.
Estas son as preguntas desta semana:
Ningún comentario:
Publicar un comentario