luns, 30 de novembro de 2020

VenreXperimentos en decembro

Hoxe remata o período de novembro "Mes da ciencia en galego" e mañá facemos a última sesión dos VenreXperimentos adicada ao electroimán con nenos/as dun grupo de 5º de E.P. Este curso decidimos continuar cos VenreXperimentos con outra experiencia dirixida ao alumnado de 3º e 4º de E.P., aínda que non todas serán en venres, nin no último venres de cada mes, durante todo decembro continuaremos divertíndonos coa ciencia. Neste caso utilizaremos a expresión plástica para coñecer algúns aspectos sobre os circuítos eléctricos.

Máis de 80 alumnos/as aprenderon sobre o electromagnetismo nos recreos do mes de novembro. En decembro esperamos achegar a electricidade ao alumnado que participe nos obradoiros da postal de nadal que se irán desenvolvendo na biblioLab.


 

Agardámosvos iluminando o nadal!


Ningún comentario:

Publicar un comentario