Finalizado "Novembro mes da ciencia en galego", a semana pasada tamén remataron as experiencias coa luz, pero esta semana xa comeza unha nova xornada dos VenreXperimentos, coa elaboración das postais de Nadal iluminadas cun led alimentado por unha batería grazas a un circuíto eléctrico. Nesta ocasión pasarán os cursos de 4º de EP pola BiblioLab para aprender sobre electricidade e para felicitar as festas a aquelas persoas que desexen.
Os nenos/as de 1ºEP xogaron e sorprendéronse coa maxia e os efectos ópticos que poden suceder debido á luz.
Os nenos/as de 1ºEP xogaron e sorprendéronse coa maxia e os efectos ópticos que poden suceder debido á luz.
Tamén se animaron as clases de 3ºde EP a realizar un experimento, neste caso relacionado co aire, aquí tedes o vídeo no que a clase de 3ºB explica como podedes poñelo en práctica nas vosas casas...
Animádesvos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario