Unha das actividades finais que se realizou nas aulas, dentro do PDI "Paseando con Emilia", foi "Emilia Rebelde", unha proposta dentro do Proxecta "Conversando con Dona Emilia" de 5º e 6º. O xerme da actividade estivo na formación do profesorado con Paola Guimeráns e co programa "Introdución á robótica en Primaria", xa que utilizamos as placas Echidna Shield para facer un panel interactivo como produto final e complementario á obra de teatro lido "Conversando coa Emilia".
A continuación presentamos a proposta realizada:
ETAPA: Educación Primaria
NIVEL: 5º e 6º de E.P.
COÑECEMENTOS PREVIOS:
Docente (segundo o Marco común de competencia digital Docente)
Área 3: Creación de contidos dixitais.
Competencia 3.4. Programación.
B2 Coñezo e manexo procesos de pensamento computacional (P.C.) de xeito xeral e póñoos en práctica na miña actividade docente.
B2 Procuro solucións a procesos de programación.
C1 Utilizo, na miña práctica docente, os procesos de P.C. que supoñan modelar e descompoñer un problema, procesar datos, crear algoritmos e xeneralizalos, e o foméntoos entre o meu alumnado.
Alumnado
Coñecemento básico nas aplicacións de programación por bloques (Scratch ou mBlock) para incorporar os sons ao panel informativo sobre Emilia Pardo Bazán.
Coñece o funcionamento da placa Echidna Shield, na parte referida a Makey Makey.
RELACIÓN CO CURRÍCULO:
Comunicación lingüística: o alumnado preparou textos cos que transmitir toda a información aprendida sobre Emilia Pardo Bazán durante o curso. Elaborou guións e realizou tarefas de expresión oral.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía: o alumnado utilizou os coñecementos de matemáticas para distribuír o espazo do panel e para utilizar a cinta de cobre dispoñible de xeito eficiente.
Competencia dixital: traballo na programación con Scratch da placa Echidna Shield.
Aprender a aprender: realizáronse estimacións e valoráronse as consecuencias de cada unha delas, depurouse o programa en varias ocasións optimizándoo ata chegar ao resultado final.
Competencias sociais e cívicas: dialogáronse as propostas e chegaron a acordos no proceso.
Sentido da iniciativa e espírito emprendedor: resolveron o problema ao reto proposto.
Conciencia e expresións culturais: expresaron, a través do debuxo, os capítulos da obra de teatro lido “Conversando coa Emilia” e os distintos “botóns” dos paneis.
NÚMERO DE SESIÓNS:
4 sesións de 50 minutos.
RECURSOS MATERIAIS:
Recursos dixitais:
Internet
Placas Echidna Shield
Scratch
Echidnalink
Ordenadores
Outros materiais:
Cables crocodilo
Cartón pluma
Cinta de cobre
Punzón
PROCESO:
Durante o curso estivemos investigando sobre a escritora Emilia Pardo Bazán no centenario da súa morte. O curso participou na elaboración e gravación dunha obra de teatro lido titulada “Conversando coa Emilia”. Co obxectivo de trasladar ao resto da comunidade educativa o traballo realizado durante o curso elaborarase dous paneis interactivos no que, ademais de mostrar graficamente o desenvolvemento da narración, tamén se inclúen certos aspectos básicos sobre a escritora coruñesa.
Sesión 1
Distribución do panel en distintas seccións que conterán a información que se mostrará en formato audio, realización das viñetas gráficas que ilustrarían a obra e os carteis de cada sección.
Sesión 2
Elaboración e gravación das secuencias sonoras sobre a vida de Emilia Pardo Bazán que se incluirán no panel: Biografía, Obras, Contexto e Pioneira.
Sesión 3
Elaboración do algoritmo que determinará o funcionamento dos paneis na aplicación Scrtach xunto coa extensión EchidnaLink.
Montaxe da parte de atrás do panel coa cinta condutora para que poda funcionar o programa e conectalos con cables de crocodilo á placa Echidna Shield.
Conectar a placa ao ordenador que ten o programa e probar o seu funcionamento.
Depurar o programa corrixindo os erros ou introducindo melloras no seu funcionamento.
Sesión 4
Avaliación da actividade, elaboración dun guión para a presentación e gravación de vídeo explicativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario