Hoxe remataron os VenreXperimentos deste curso. Ao longo destes meses pasou pola biblioLab alumnado de todos os cursos e grupos de Educación Primaria, e puideron achegarse á ciencia e a experimentos cos que, ademais de aprender, tamén puideron divertirse. Agradecemos a Salvador que desenvolvese esta actividade con tanto agarimo e ao alumnado voluntario da biblioteca por axudarnos os venres de cada mes a desenvolver cada experiencia.
Este mes finalizamos co alumnado de 6º de EP realizando Slime, co que aproveitamos para explicar algunhas reaccións químicas e tamén para lembrar a obtención das diferentes cores.
Neste curso estes foron os experimentos que fixemos:
1º EP A exploración da refracción
2º EP Aprendemos sobre os circuitos de electricidade
3º EP Os vasos comunicantes
4º EP As postais de Nadal que se acenden (circuítos)
5º EP O electroimán
6º EP Slime
Lembrade que podedes acceder as experiencias picando no logo dos VX na columna da esquerda.
Agardámosvos o próximo curso!
noooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo
ResponderEliminar