Neste mes, seguindo a proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en
colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección
Xeral de Políticas Culturais (Subdirección Xeral de Bibliotecas), da
Consellería de Cultura, imos celebrar "Novembro mes da ciencia en galego", queremos promocionar desde a biblioteca todo o relacionado coa ciencia. A científica Alicia Estévez Toranzo elaborou o manifesto deste curso.
Algunhas das iniciativas que levaremos a cabo serán a exposición de fondos da biblioteca e a súa visibilización no centro, biografías de científicas/os, experimentos, electricidade, robótica, tecnoloxía, transportes... son algúns dos libros que atoparedes nesta selección.
Ao mesmo tempo comezaremos cos VenreXperimentos, que neste curso desenvolveranse o último venres de cada mes, pero en novembro realizarémolo todos os venres de mes, agás este primeiro que se desenvolverá o xoves debido á celebración do magosto no centro. Non agardedes e correde a apuntarvos na BiblioLab, haberá 25 prazas por curso. Estas actividades están dirixidas aos cursos de primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario