
O primeiro que fixemos foi o proceso de observación, no que, cos coñecementos previos que se tiñan sobre os alimentos que se lles presentaban (limón, pepino, laranxa, pataca, kiwi...) tiñan que observar e manipular, ademais de pensar no que podía pasar con estes alimentos. A continuación formularon as súas hipóteses sobre aqueles alimentos que producían enerxía eléctrica e cales non poderían facelo. Posteriormente testeamos as hipóteses, no proceso de experimentación, utilizando un multímetro, crocodilos, clavos zincados e moedas de cobre, tamén nalgún caso utilizamos leds e unha calculadora.
Analizamos os resultados que se nos foron presentando con cada un dos alimentos e que daban validez as hipóteses ou as refutaban para, por último, obter as conclusións e comunicarllas ao resto da clase.
Invitámosvos a reproducir este experimento nas vosas casas e dicirnos se os alimentos son capaces de producir enerxía eléctrica, esta é a cuestión que tedes que solucionar e que algúns nenos/as do colexio xa fixeron.




Podedes deixarnos as vosas experiencias nos comentarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario