O pasado venres realizamos o último experimento do mes da ciencia, no que estivemos aprendendo sobre a refracción co alumnado de 1º de Educación Primaria, nos que durante este curso volvemos contar coa axuda das voluntarias/os da biblioteca.
O próximo mes estaremos investigando sobre a electricidade cos nenos/as de 4ºEP, para o que faremos unha postal para felicitar o nadal con iluminación propia.
Aproveitamos a ocasión para promocionar a primeira actividade de "Biblioteca e familia" na que poderán apuntarse os nenos/as do centro cun adulto acompañante premendo na seguinte ligazón.
A actividade, que desenvolveremos o día 16 de decembro entre as 16:30 e as 17:30h, consistirá na elaboración da postal de nadal con iluminación. Se queredes apuntarvos hai 14 prazas para cada unidade familiar (1 ou 2 nenos/as + 1 adulto). Será necesario traer unha batería de botón tipo CR 2032.
Agardámosvos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario