xoves, 17 de decembro de 2020

Encontro virtual con Diego Arboleda

Os nenos/as do club "Viaxeiros por papel" estiveron lendo a obra de Diego Arboleda e Raúl Sagospe "Prohibido leer a Lewis Carroll". Durante este período de tempo falaron sobre a historia, dialogaron sobre as personaxes e gozaron compartindo opinións sobre o libro. Contamos coa colaboración da Biblioteca Municipal de Los Rosales e das súas bibliotecarias, que prepararon este fermoso vídeo, colofón da primeira etapa do club, no que aparecen as nenas/os e tamén as mestras mediadoras.

 


Mañá poderemos falar co autor do libro e poderán trasladarlle todas aquelas cuestións que foron xurdindo durante a lectura do libro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario