Xornada compartida con Angélica Sátiro no colexio, visitounos para compartir con alumnado e profesorado os seus coñecementos sobre filosofía e sobre o fomento da creatividade. Pola mañá estivo co alumnado de 5º de EP para que lle fixesen unha entrevista, previamente prepararon o encontro cunha serie de cuestións que lles pareceron de interese despois de coñecer a biografía e traballos de Angélica. Esta entrevista a poderedes escoitar na próxima edición de Onda Ti, que se publicará o venres 22 de marzo.A continuación estivo co alumnado de 5ºB de Educación Infantil para dialogar con elas /es e visitar su Jardín de Juanita. Finalizou a visita cun encontro na biblioLab con profesorado do centro e do CEIP Rosalía de Castro (A Coruña) para presentarnos o seu libro "Pedagogía atrevida" e para realizar un obradoiro sobre creatividade dentro do PFPP de Polos creativos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario