Durante o mes de abril e maio a biblioteca acolleu distintas visitas, como foron as de diversos autores/as e alumnos/as doutro centro educativo.
O 25 de abril visitounos Elvira Menéndez, que compartiu co alumnado de 4º de E.P. a lectura do seu libro Ése no es mi zoo.
O 3 de maio recibimos na BiblioLab a visita do alumnado de 6º de E.P. do CEIP Plurilingüe San Marcos (Abegondo), na que os nenos/as de 6º lles ensinaron os proxectos nos que andan a traballar, ademais de compartir co alumnado de E.I. unha xornada de convivencia no parque de San Pedro.
En maio acudiu Juan Carlos Rilo Fraga que achegou a música tradicional galega aos nenos/as de 6º de E.P. a través dun obradoiro que se desenvolveu en dúas sesións e que logo rematou nun concerto o 8 de maio no centro.
Manuel Rivas estivo cos nenos/as de 3º e 4º de E.P. no S.U.M. recreando a través da música a historia da O raposo e a mestra. Unha xornada extremadamente divertida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario