![]() |
© Quino Vía Pinterest |
Ademais das tiras cómicas de Mafalda, Quino publicou moitísimos outros traballos de gran difusión e repercusión. Estes son os títulos dalgúns libros seus: Potentes, prepotentes e impotentes, Quinoterapia, Gente en su sitio, ¡Qué presente impresentable! e, finalmente, Yo no fui; todos eles éxitos de ventas.
Quino era fillo de pai e nai andaluces e el mesmo tiña dobre nacionalidade, arxentina e española. Cando xa era moi coñecido viviu en Madrid durante varios anos. No 2014 foille concedido o Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. Ese mesmo ano voltou para a Arxentina e non regresaría xa nunca a España.
Había tempo que non sabiamos nada del porque a súa mala saúde lle impedía debuxar. Botarémolo de menos, agora dunha forma máis dolorosa. D. E. P.
Ningún comentario:
Publicar un comentario