sábado, 29 de abril de 2023

Así foi a Semana do Libro 23...

Esta semana desenvolvéronse no centro diversas accións para darlle visibilidade e darlle significado á celebración do Día do Libro, que culminaron onte coa terceira xornada do curso da actividade "A amizade nun libro", no que todo o alumnado do colexio estivo lendo nun balcón ao océano Atlántico. Todas as imaxes desta xornada podedes atopalas na páxina web do centro.

Durante os recreos, o alumnado estivo decorando cadanseu marcapáxinas na biblioLab, que previamente imprimimos na impresora 3D, para non perderse nas súas lecturas. O equipo de voluntarias/os, ademais de facer o seu, colaborou no desenvolvemento da actividade, estes son algúns dos momentos...


Por outro lado na biblioteca os nenos/as estiveron escribindo durante os recreos en prendas típicas de Galicia algunhas das lecturas favoritas, que nas próximas semanas penduraremos, coincidindo tamén co Mes das Nosas Letras. Na Hora de Ler alumnado voluntario da biblioteca estivo a realizar lecturas compartidas con nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria, tamén a aula de 6ºA de EP representou unha obra recreando algunha escena de "El Quijote" e falándolles do escitor Miguel de Cervantes.



Feliz Semana do Libro!


Ningún comentario:

Publicar un comentario