Co motivo da celebración do día do libro, desde a biblioteca EPB queremos convidar a todas as familias do colexio a visitarnos para contar un conto, un poema, dramatizar algo, contarnos algo relacionado coa cidade da Coruña...
Queremos que poidades desfrutar de pasar un bo rato cos vosos cativos e cativas e que poidades colaborar coas actividades propostas polo equipo da biblioteca.
Apostamos por unha conexión familia - escola real e nos gustaría compartir con vós estes momentos, que ademais, aos que máis ilusión lles fai é aos vosos nenos e nenas.
CANDO PODEDES VIR?
Desde o luns 20 de abril ata o xoves 30 de abril do 2026 en horario de mañá.
COMO ME PODO INSCRIBIR?
Pinchando no seguinte enlace e cubrindo os vosos datos.
Animádevos a participar!

Ningún comentario:
Publicar un comentario