xoves, 26 de maio de 2022

Actividades polo Día do Libro

Actividade en 6ºEI
Actividade en 6ºEI
Publicamos o resultado das diversas accións que desenvolvemos con motivo do Día do Libro 2022. Comezamos o día 29 de abril realizando no recreo un programa de radio que emitimos pola megafonía do centro e na que alumnas voluntarias de biblioteca foron dando paso ás recomendacións de libros e lectura de parágrafos destes que fomos gravando durante a semana. Todas as accións sonoras pola celebración do Día do Libro 22 están recollidas na canle de Emilia na Onda.

 Na proposta "Ondas de libros" o alumnas voluntarias de biblioteca, nenos/as de 2º de EP e unha nai gravaron uns audiolibros que deixamos a continuación:


E este foi o resultado da acción "Libros a mares" na que se enviaron cubertas e debuxos de libros que máis gostaban entre o alumnado e coa que formamos este mosaico mariño.

Grazas pola vosa participación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario