Esta semana remataron os experimentos de novembro coa exploración dos efectos da luz e a tensión superficial na auga por parte do alumnado de 1º de Educación Primaria e damos comezo ás experiencias que se realizarán no mes de decembro, no que o alumnado dos diferentes grupos de cuarto de Educación Primaria elaborará a súa propia postal de Nadal que se iluminará cun led, aprendendo tamén as nocións e funcionamento dun circuíto eléctrico.
venres, 29 de novembro de 2024
VenreXperimentos de decembro
Temas relacionados:
actividade,
BiblioLab,
biblioteca,
biblioteca creativa,
ciencia,
experimentos,
información,
VenreXperimentos
"Estamos en obras" III
Esta semana visitou a biblioLab o grupo de 6ºA de Educación Infantil. A visita destes artistas produciuse para realizar con diverso material unha instalación artísitica dentro dos obradorios da biblioteca "Estamos en obras", esta obra estará exposta ata o próximo luns. Ao principio o material estaba disposto dun xeito que eles decidiron titular como "A pizza".
Temas relacionados:
actividade,
arte,
BiblioLab,
biblioteca,
biblioteca creativa,
obradoiro
xoves, 28 de novembro de 2024
Unha nova viaxe...
Segunda sesión de ENRE2 EPB na que nos seguimos movendo pola natureza, hoxe comezamos unha viaxe cun home vello que percorrerá, ademais dun camiño pola contorna natural, un camiño pola súa propia vida, na que terá que enfrontarse a diferentes situacións, algunhas moi alegres e outras non tanto.
Temas relacionados:
BiblioLab,
club de lectura,
ficción dixital,
lectura,
videoxogos,
xogos
martes, 19 de novembro de 2024
Conexión Familiar
Volvemos a poñer en marcha a proposta de préstamos de lotes de libros dirixidos ás familias dentro do programa "Lectura e Familias", definida como "Conexión familiar: atopa respostas ás túas preguntas". Esta actividade comezou o curso pasado e agradecemos a acollida dela xa que as mochilas estiveron en movemento desde o comezo da iniciativa, por este motivo neste curso decidimos ampliar a oferta de lotes.
Nesta acción poñeremos a disposición de todas as familias do noso centro 10 mochilas temáticas con fondos que acheguen información sobre diferentes aspectos, que esperamos que poidan servos de utilidade.
Temas relacionados:
biblioteca,
familia,
inclusión,
libros,
mochila viaxeira
luns, 18 de novembro de 2024
"Estamos en obras" II
Novo obradoiro creativo de "Estamos en obras" no que o segundo grupo da aula de 6ºB realizou, coa súa mestra Mar, unha nova instalación, que estará aberta ata o próximo mércores. Nesta actividade o respecto é fundamental, por iso tratamos que os artistas pidan o material e xustifiquen para que o necesitan, que desenvolvan valores ademais da súa creatividade. Os artistas comezaron pensando no que podían crear, tiveron que compartir o material que estaba á súa disposición e que formaba nun principio "A selva das casas".
Temas relacionados:
actividade,
arte,
BiblioLab,
biblioteca,
biblioteca creativa,
obradoiro
venres, 15 de novembro de 2024
Logo "Un cole de cine"
O 24 de outubro comezamos a desenvolver as actividaes relacionadas co proxecto, un delas foi a convocatoria de ideas para definir a imaxe que identificaría ao proxecto de "Un cole de cine" durante o curso. Tras unha decisión moi difícil pola calidade das propostas recibidas por parte do alumnado este foi o deseño escollido realizado por Alicia, unha alumna de 6ºC de EP, o resto de deseños están pendurados na entrada do colexio.
Moitas grazas polas vosas ideas!
Temas relacionados:
biblioteca creativa,
imaxe,
PDI Un cole de cine
luns, 11 de novembro de 2024
Luces, cámara...pregunta!
Comeza o concurso "Luces, cámara...pregunta!" no que, dentro do Proxecto Documental Integrado "Un cole de cine", aprenderemos sobre diferentes cuestións sobre o cinema. Neste mes, coincidindo con "Novembro mes da ciencia en galego", a actividade consistirá en ordenar e emparellar o aparato que se utilizaba no cine ou no precine co seu nome, a persoa que o creou e o ano no que o fixo.
Temas relacionados:
actividade,
biblioteca,
concurso,
información,
libros,
PDI Un cole de cine,
recursos
Obradoiros creativos "Estamos en obras"
Este venres comezamos os obradoiros "Estamos en obras", nos que o alumnado de Educación Infantil será protagonista de diferentes propostas relacionadas coa creatividade e co arte. Estas actividades desenvolveranse nos espazos da biblioteca durante todo o curso.
O venres 8 de novembro a mestra Mar comezou cunha instalación artística co alumnado de 6ºEI no que foron realizando a súa obra con calma e transformándoa de xeito colaborativo. No espazo de xogo comportáronse, como din Javier Abad e Ángeles Ruíz, como habitantes que transformaron e corporeizaron o espazo, pero no que tamén contaron unha historia, unha narración que foi evolucionando desde o comezo ata o final da actividade.
Temas relacionados:
actividade,
arte,
BiblioLab,
biblioteca,
biblioteca creativa,
obradoiro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







