venres, 29 de novembro de 2024

VenreXperimentos de decembro

Esta semana remataron os experimentos de novembro coa exploración dos efectos da luz e a tensión superficial na auga por parte do alumnado de 1º de Educación Primaria e damos comezo ás experiencias que se realizarán no mes de decembro, no que o alumnado dos diferentes grupos de cuarto de Educación Primaria elaborará a súa propia postal de Nadal que se iluminará cun led, aprendendo tamén as nocións e funcionamento dun circuíto eléctrico.Hoxe acudiu o alumnado de 4ºA de Educación Primaria, xoves 12 o grupo de 4ºB e o venres 13 de decembro o grupo de 4ºC.

Agradecemos a Salvador e aos voluntarios/as de biblioteca o seu labor nesta actividade.




Ningún comentario:

Publicar un comentario