Os artistas estaban desexosos por comezar as súas obras, pero antes de empezar debían facer algo... que fame tiñan os artistas! A pizza que por elas agardaba pronto desapareceu e agromaron pequenas construcións que ían tomando forma, por exemplo nun recuncho unhas torres subían, pero ao pouco tempo caían, e que é moi complicado o equilibrio cando as torres van medrando, así que quizais sería mellor traballar xuntos e procurar axudarnos para que houbese máis estabilidade.
Noutro recuncho empezaba a medrar un muro, no que había unhas colchonetas e diversos espazos para poder pasar o día experimentando co noso corpo, un parque de xogos estaba moi ben para divertirnos. Unha parede alta protexía este espazo, para que ninguén se fixese dano, por iso tamén había colchonetas, as persoas que visitasen o lugar tiñan que estar seguras e se caían dalgún xogo podían facerse dano se non poñiamos estas colchonetas. Mais non so visitarían o parque persoas, as artistas tamén pensaron que os paxaros podían pasar por alí, polo que tiveron a idea de poñer un bebedoiro de paxaros para que as aves que pasasen pola instalación que estaban a crear puidesen saciar a súa sede, como eles saciaran a súa fame coa pizza.
A torre, que nun principio ía parecerse á Torre de Hércules, pasou a ser un edificio moi alto, con moitas ventás e pisos, pero dentro quen vivía? Pois os artistas contaron que dentro había unhas persoas que "se poñían así (xesto coas pernas)... coas pernas abertas", comprendimos que se referían a bailaríns facendo o "espagat", cantas persoas bailando ao mesmo tempo no edificio! Quizais foi por iso polo que nun momento algún andar do edificio caeu, pero non vos preocupedes porque o parque coas colchonetas estaba moi preto e ninguén tivo algún percance.
Aínda que a obra xa non era unha pizza pensaron que agora non era necesario poñerlle nome a súa creación, polo que esta obra de arte sen título creada polo alumnado de 6ºA de Eduación Infantil estará exposta ata o próximo luns. Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario