Hoxe celébrase o Día Mundial da Radio promovido pola ONU. No noso centro vimos de por en marcha a nosa emisora Emilia na onda, na que xa podedes escoltar algún dos podcast publicados.xoves, 13 de febreiro de 2020
Día da radio
Hoxe celébrase o Día Mundial da Radio promovido pola ONU. No noso centro vimos de por en marcha a nosa emisora Emilia na onda, na que xa podedes escoltar algún dos podcast publicados.Escornabots para todos/as
A pasada semana Ángel Villanueva veu de publicar una actualización de EscornaVoz, que se trata dunha aplicación para controlar o escornabot a través da voz. Este é un de varios proxectos que promoven a inclusión e a accesibilidade a distintos dispositivos, que podedes consultar na súa web Mecatrónica Lab.No noso centro temos alumnos/as que ata agora tiñan dificultades para o uso dos escornabots e este proxecto vainos permitir achegalos a todo o alumnado e desenvolver actividades que ata agora non podiamos.
Temas relacionados:
biblioteca,
biblioteca creativa,
escornabot,
inclusión,
mochila viaxeira,
robot
mércores, 12 de febreiro de 2020
Novos Legoalimentos
Xa están publicados novos podcast do programa Legoalimentos elaborados polos nenos/as de 5º de E.P. Os episodios desta semana tratan sobre o coco, o cacao e a amora.Continuamos aprendendo sobre os alimentos.
Temas relacionados:
actividade,
alimentos,
BiblioLab,
ciencia,
información,
PDI Sabor e saber,
radio
domingo, 9 de febreiro de 2020
O movemento dos fíos
Angélica Sátiro. La niña del hilo. Editorial Octaedro.
Miraron o movemento que xeran outros fíos: “É un mozo de madeira, un monicreque, cun fusil de asalto na man. Ten fíos porque só non se pode mover, precisa de alguén que o mova, móvese coa man dunha persoa. Incluso sen fíos, coma un robot, os humanos terían que programalo para moverse como lle mandaran. Quérenos dicir que a guerra é mala”.
Temas relacionados:
actividade,
BiblioLab,
biblioteca,
diálogos filosóficos
mércores, 5 de febreiro de 2020
VenreXperimentos
Esta semana comezamos os VenreXperimentos do segundo trimestre. En total haberá tres experiencias, queriamos que fosen no último venres de mes, pero por motivos organizativos tivemos que adiar o comezo destas actividades a esta semana.
Temas relacionados:
actividade,
BiblioLab,
biblioteca creativa,
ciencia,
experimentos,
obradoiro,
VenreXperimentos
Celebracións do Día da paz
O pasado luns celebramos o Día Escolar da non violencia e a paz. Tivemos que aprazar a celebración debido a que o 30 de xaneiro a choiva impediunos realizar as actividades previstas.
Temas relacionados:
actividade,
biblioteca,
lectura,
libros
Diálogos filosóficos

O pasado venres comezaron na BiblioLab unha serie de tres sesións de Diálogos filosóficos na biblioteca e que se desenvolven paralelamente ao grupo permanente de Diálogos Hilomundos. Esta actividade está dirixida a alumnado de 2º e 3º de E.P. As próximas terán lugar o 13 e o 28 de febreiro.
Temas relacionados:
actividade,
biblioteca,
diálogos filosóficos
Obradoiros "Cociñeiras e cociñeiros: igualdade na cociña"
Mañá continúan os obradoiros "Cociñeiras e cociñeiros: igualdade na cociña" impartidos por profesionais do ámbito da nutrición da empresa Nutriciona. Estes talleres véñense desenvolvendo os xoves e venres na BiblioLab e xa pasaron os nenos/as de Educación Infantil e as aulas de 1º e 2º de Educación Primaria.
Temas relacionados:
actividade,
alimentación,
alimentos,
BiblioLab,
ciencia,
información,
obradoiro,
PDI Sabor e saber
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
