
Nesta xornada, os nenos/as de 3º, 5º e 6º de E.P. acudiron á biblioteca para comezar a aprendizaxe xunto con Sergio e Lucía, integrantes de Laboratorio de radio, de diferentes técnicas para falar na radio e controlar a sua voz. A través dos xogos comprenderon como comportarse e o que significa a radio. En próximos días volverán e seguiremos aprendendo con eles, despois da xornada de hoxe quedamos ansiosos de repetir e comenzar a desenvolver os proxectos.
Agradecemos a Axuda en Acción o apoio aos nosos proxectos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario