mércores, 5 de febreiro de 2020

Celebracións do Día da paz

O pasado luns celebramos o Día Escolar da non violencia e a paz. Tivemos que aprazar a celebración debido a que o 30 de xaneiro a choiva impediunos realizar as actividades previstas.

A biblioteca colaborou co Equipo de Actividades Extraescolares coa montaxe na zona de exposicións de libros relacionados coa temática. O cartel que elaborou o equipo de EACE estivo relacionado co desenvolvemento do PDI Sabor e Saber. O centro participou da actividade organizada pola biblioteca do CEIP Raquel Camacho, que consistiu nunha cadena humana no paseo marítimo de A Coruña na que participaron varios centros da provincia.
Á volta construímos entre alumnado e profesorado motivos que fan referencia á paz, neste pequeno vídeo tedes unha mostra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario