Mañá continúan os obradoiros "Cociñeiras e cociñeiros: igualdade na cociña" impartidos por profesionais do ámbito da nutrición da empresa Nutriciona. Estes talleres véñense desenvolvendo os xoves e venres na BiblioLab e xa pasaron os nenos/as de Educación Infantil e as aulas de 1º e 2º de Educación Primaria.
Este xoves será a quenda para o alumnado de 3º de E.P. e o venres a dos alumnos/as de 4º de E.P.
Nestes talleres trátase de concienciar nos hábitos saudables de alimentación, da corresponsabilidade no traballo na cociña e de tratar que aprendan a elaborar pratos sinxelos cun alto valor nutricional, ademais de introducir receitas saudables no seu menú.
Ata o momento elaboraron distintas receitas con froitas de xeito divertido, batidos e tortiñas saudables. Os nenos/as ademais de cociñalas na BiblioLab tamén levan a receita para as súas casas co obxectivo de compartir a cociña coas súas familias e que algunha destas receitas forme parte do seu menú semanal.
Ñam, ñam!
Ningún comentario:
Publicar un comentario