Hoxe tivemos con nós a Erea Pérez que nos mergullou no que pasa antes de que as cámaras comecen a gravar e o labor das persoas caracterizadoras de actrices e actores para desenvolver os seus papeis. Erea realizou un obradoiro co alumnado no que elaboraron unha queimadura, cun aspecto moi real, utilizando diversos materiais, ademais combinou co seu labor no mundo do cinema. Posteriormente o alumnado de 4ºB realizoulle unha entrevista no estudio de Emilia na Onda.
Erea deixounos moitas ideas de como se caracteriza no cine e tamén algunhas que podemos aplicar cando teñamos que caracterizarnos dun xeito diferente, por exemplo no Entroido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario