mércores, 18 de decembro de 2024

Obradoiro "Pintando historias"

No mes de decembro comezamos un novo obradoiro que chamamos "Pintando historias" na que pretendemos achegarnos ao mundo da fotografía, tan importante no desenvolvemento do cine, e que nos permitirá introducirnos en diversas historias. Utilizamos a técnica de Light painting para xuntar arte, fotografía e literatura.

A estrutura que seguimos nos obradoiros consiste en facer primeiro a lectura dun libro da biblioteca nalgún dos seus espazos, falamos brevemente sobre a historia e o seu contexto, despois revivimos o conto a través de elementos significativos deste para intentar representalos na fotografía

Nas dúas primeiras sesións (2ºEP e 6ºEI) utilizamos a obra de Mariana Coppo "Lúa", editada por Juventud, despois de escoitar e falar da obra na biblioLab fixemos o taller de fotografía escribindo o título da obra, representado unha bolboreta, unha lámpada, estrelas, árbores...

 

Na seguinte sesión, con alumnado de 6ºEI, utilizamos a obra de Alessandro Montagnana "El viaje de Candela" editado por NubeOcho. Primeiro escoitamos e falamos sobre a obra na biblioteca e logo fomos á Sala de Usos Múltiples para realizar o taller de fotografía no que replicamos as estrelas da noite, flores, o voo dos lucecús...

Historias con luz na biblioteca!

Ningún comentario:

Publicar un comentario