Microespazos sobre Rosalía de Castro elaborados polo alumnado de 6ºA de E.P. e que se emitirán en “Emilia na onda”. Xa está publicado o primeiro, nos próximos días estarán os tres microespazos.
Exposición de tarxetas cunha imaxe de persoas errantes e uns versos de Rosalía de Castro. O proceso comezou coa selección por parte dos nenos/as distintas imaxes con licenza Creative Commos (CC) ou Dominio Público (DP). Desde o equipo facilitamos algunhas webs nas que procurar estas imaxes. A continuación relacionáronas con versos de Rosalía de Castro, para o que elaboramos unha exposición temporal cos fondos da biblioteca e tamén con páxinas web nas que podían atopar a obra da autora galega. Finalmente maquetaron a súa proposta e desde o equipo incluíronse aspectos comúns a todas como a autoría, o motivo da exposición e a etiqueta #ErrantesPoloMundo_rdc_20
Xa están expostas na entrada do centro e nas escaleiras as imaxes cos versos de Rosalía dalgúns dos nenos/as que participaron desta actividade, pero aínda quedan algunhas por colocar. Achegádevos a descubrir as obras do alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán!
Neste arquivo, que iremos actualizando a medida que recibamos as composicións, podedes acceder os que esteades lonxe, pero seguimos recomendando a visita para ver as obras orixinais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario