venres, 22 de outubro de 2021

Logotipo Mergúllate!

Hai unhas semanas o obxecto que apareceu nas clases animaba a facer un deseño que identificase o desenvolvemento do Proxecto Documental Integrado Mergúllate! Todos os traballos que nos chegaron estiveron expostos esta semana no corredor de entrada. O seleccionado para aparecer na información relacionada co proxecto foi o que elaborou Simón, alumno de 4º EP, no que transmite a través dunha onda cun peixe, unha gaivota e unhas algas a imaxe do PDI.

Como accesit seleccionamos o logo elaborado por Estela, alumna de 5ºEP, polos valores que transmite a súa imaxe e por identificar moi ben o camiño que queremos seguir unidos mirando cara o mar.

 

 

Hoxe Aurora, a directora do colexio, fixo entrega duns agasallos aos premiados e damos os nosos parabéns a todos os que nos fixeron as súas achegas, que quedarán expostas durante estas semanas.
Moitas grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario