martes, 19 de abril de 2022

O mar e a arte

O mar foi fonte de inspiración para diversos artistas ao longo da historia. Pintores, escultores, músicos, escritores... utilizaron os mares e océanos para dar a súa interpretación e visión persoal a algo tan presente nas nosas vidas. Esta semana serán pintoras e escultoras as que centren as preguntas, podedes utilizar os recursos do corredor de entrada ou as páxinas webdo repositorio do proxecto, acudindo á sección de "Arte".

Estas eran as preguntas da anterior edición do concurso:

1. A vela é un dos deportes tradicionais que se celebran nos mares e océanos de todo o mundo, en que ano comezaron as primeiras regatas que logo se chamarían "Copa América"?

O ano no que estas comezaron foi en 1851.

2. A natación en augas abertas é un dos deportes olímpicos máis recentes, en que Xogos Olímpicos se celebrou a primeira competición e que distancia?

Esta modalidade de natación iniciou en Pekín a súa andaina olímpica coa distancia de 10 kilómetros.

3. No mar cantábrico é típica unha competición entre embarcacións con 13 remeiros/as e patrón/a. Como se chama esta embarcación?

Estas embarcacións chámanse traiñeiras, no verán podedes ver innumerables regatas destas.

4. Na Coruña disputouse hai pouco unha competición internacional de surf, onde se realizaou esta proba?

No Portiño disputouse este ano 2022 a primeira proba na cidade da Coruña Big Waves.

5. Escribe o nome dalgún/ha deportista olímpica galega que conseguira algunha medalla nun deporte que se desenvolvese no mar, en que xogos olímpicos, que medalla e outra información que consideres interesante.

David Cal Figueroa ​ es un deportista español que compitió en piragüismo en la modalidad de aguas tranquilas, especialista en canoa monoplaza en las distancias de 500 y 1000 m, campeón olímpico en Atenas 2004​ y campeón mundial en 2007. Converteuse no deportista español con máis medallas olímpicas. Foi finalista no premio Príncipe de Asturias dos Deportes no ano 2012. Obtivo o premio Don Felipe de Borbón ao mellor deportista español no ano 2004. Recibiu moitas condecoracións pola súa brillante carreira deportiva.
 
María Teresa Portela Rivas (Cangas do Morrazo, 1982): Piragüista, modalidade augas tranquilas. Foi a primeira deportista española que participou en seis edicións dos xogos olímpicos. Medalla de prata en Tokio 2020. Conta con quince medallas nos campionatos mundiais de Polonia, España, EEUU, Croacia, Canadá, Italia e Hungría, sete delas de bronce, seis de prata e dúas de ouro (España, 2002 e Croacia 2005). No campionato europeo (Italia, 2001 e 2008; Hungría, 2002; Polonia 2004; República Checa, 2006; Alemania, 2009; España, 2010; Serbia, 2011 e Portugal, 2013) conseguiu dezasete medallas: seis de bronce, catro de prata e sete de ouro. Comezou con nove anos a practicar este deporte no Club Ría de Aldán.
 
Antón Paz Blanco (vela). Medalla de ouro en Pekín 2008.
 
As galegas, Sofía Toro de Coruña e Tamara Echegoyen de Ourense gañaron unha medalla de ouro nos xogos olímpicos de Londres do ano 2012 no Match Race-Elliott 6.

Tamara Echegoyen Domínguez (Ourense, 1984): Compite en vela, Elliott 6m e 49er FX. Participou en tres xogos olímpicos de verán e gañou unha medalla de ouro en Londres 2012 en Elliott 6m con Sofía Toro e Ángela Pumariega. Quedou clasificada no 4º posto en Río de Xaneiro, 2016 e Tokio, 2020. Participou en varios campionatos mundiais, nos que quedou clasificada en 1º lugar. Pertence ao Real Club Náutico de Sanxenxo.

Nicolás Rodríguez García-Paz (Vigo, 1991): Compite en vela na clase 470. Formouse na escola de vela do Real Club Náutico de Vigo. Comezou a competir internacionalmente en 2009 e en 2013 iniciou a súa carreira olímpica. Obtivo a medalla de bronce en Tokio 2020. Tamén gañou tres medallas en campionatos mundiais e tres en campionatos europeos. En 2021 foi galardoado como "Vigués distinguido".

Estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario