xoves, 9 de xaneiro de 2020

Lembramos a Lección de August

Para finalizar a lectura do primeiro trimestre quixemos realizar unha actividade na que se recollesen aquelas frases que foron chamando a atención dos nenos/as do club de lectura.

Realizamos un póster coa cara de August, logo os nenos/as escribiron as frases nun bocadillo que tamén decoraron. Por último, pegamos a imaxe e as frases seleccionadas na entrada do centro.
Este foi o resultado:


A próxima semana comezaremos unha nova lectura, neste caso en galego, na que compartiremos as vivencias dunha nena e a súa familia. Estade atentos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario