Mañá, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil promovida polo Ibby. A data desta celebración coincide co nacemento de Hans Christian Andersen e celébrase desde 1967 co obxectivo de espertar o gusto pola lectura desde a infancia. Iniciativas como o concurso que organiza Galix serven para poñer en valor a literatura infantil e xuvenil, tedes de prazo ata o venres 10 de abril.
Desde a biblioteca queremos propoñervos a todas as familias que nos enviedes un "bookface". Esta actividade consiste en coller unha cuberta ou portada dun libro infantil ou xuvenil e fundirse con ela, e dicir, substituír o voso rostro ou parte do corpo coa imaxe da cuberta do libro, neste caso queremos amplialo tamén ás páxinas interiores do libro, se utilizades este último método indicaredes tamén o título e autor/a da obra. A través deste xogo queremos promocionar a lectura destes libros infantís e xuvenís a través das vosas propias recomendacións.
Se procurades "Bookface" nun explorador de internet aparecerán moitos exemplos realizados por outras persoas en distintos lugares do mundo.
Para remitirnos as imaxes será necesario enviar un correo dirixido a bibliotecaepb@gmail.com, achegando a imaxe como arquivo adxunto e indicando o nome e curso do neno/a (aínda que xa sabedes que podedes participar en familia) no corpo da mensaxe, se fose necesario tamén nos indicariades o título e autor/a do libro.
As vosas achegas irémolas mostrando nesta entrada e neste taboleiro. Animádevos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario