luns, 16 de setembro de 2024

Aniversario de Emilia Pardo Bazán

A pasada semana retomas as clases, o mércores participamos da festa de benvida con diferentes postos para a lectura e para gozar aprendendo cos robots e coas pezas de construción.

Hoxe celebramos o aniversario de Emilia Pardo Bazán cunha homenaxe decorando unhas máscaras que inclúen unha biografía da autora que dá nome ao noso colexio. Nesta entrada publicaremos as imaxes nas que todo o centro lle cantará o Feliz aniversario! e tamén leremos a biografía lucindo as nosas máscaras. Lembrámosvos que podedes aprender sobre Emilia Pardo Bazán no PDI "Paseando con Emilia".

Aproveitamos a apertura de actividades para informarvos que a biblioteca abrirá as súas portas nos recreos o 7 de outubro, polas tardes, á marxe dos clubs de lectura, poderedes vir coas vosas familias a partires do martes 8 de outubro en horario de 16-18h.

 

Hoxe a partires das 20h. abriremos o prazo de inscrición neste mesmo blog aos clubs de lectura que se desenvolverán polas tardes na biblioteca. A información de cada un dos clubs podedes consultala a continuación, pero ata as 20h. non se abrirá a entrada cos formularios de inscrición.


4ºEP

CLUB DE LECTURA - PAPALIBROS

 PRAZO ABERTO ATA O 27 DE SETEMBRO

5ºEP

CLUB DE LECTURA - VIAXEIROS POR PAPEL

 PRAZO ABERTO ATA O 27 DE SETEMBRO

CLUB DE LECTURA EN INGLÉS - BOOKLAND

PRAZO ABERTO ATA O 27 DE SETEMBRO

CLUB DE LECTURA DE FICCIÓN DIXITAL - ENRE2 EPB

PRAZO ABERTO ATA O 16 DE OUTUBRO

6ºEP

CLUB DE LECTURA - BOLBORETAS LECTORAS

PRAZO ABERTO ATA O 27 DESETEMBRO

CLUB DE LECTURA EN INGLÉS - BOOKWORMS 

PRAZO ABERTO ATA O 27 DE SETEMBRO

DIÁLOGOS PARA UN PENSAMENTO CREATIVO

PRAZO ABERTO ATA O 16 DE OUTUBRO

Ningún comentario:

Publicar un comentario