xoves, 7 de marzo de 2024

Clubs de lectura

Este mes seguimos desenvolvendo os diferentes clubs de lectura do colexio.En Viaxeiros por papel continúan coa lectura dunha obra desternillante chea de aventuras, como é O rei Cuu de Adam Stower.

No club de bolboretas lectoras continúan coa lectura dun clásico como Os raspiñeiros de Mary Norton.

Papalibros falaron no recreo e hora de ler sobre  as opinións que xurdiron trala lectura da Folla azul escrito por Andrea Maceiras.


En ENRE2 EPB primeiro comentamos as creacións que fixemos a través de Townscaper e comezamos a descubrir a nova obra deste mes na que teremos que poñer toda a atención nos escenarios que se nos presentan en Hidden Folks creado por Adriaan de Jongh e o ilustrador es Sylvain Tegroeg.

Viva a lectura!

Ningún comentario:

Publicar un comentario