Empeza novembro e, como cada curso, comezamos a celebrar o mes da ciencia en galego. A Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén impulsando esta celebración nas propias bibliotecas desde hai xa uns anos con diversas actividades. Este curso o manifesto co que dar visibilidade a esta conmemoración está escrito por José Manuel Castro Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC, con investigacións relacionadas co cáncer. Desde a biblioteca retomamos os VenreXperimentos, e cada venres deste mes o alumnado de 1ºEP acudirá á biblioLab para aprender e investigar sobre a refracción da luz.

Tamén tedes as nosas recomendacións na web do catálogo en Koha, no que hai unha selección de obras relacionadas coa ciencia:
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO
Ningún comentario:
Publicar un comentario