domingo, 20 de novembro de 2022

Premio para Mergúllate!

Esta semana saiu a resolución do VIII Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar e recibimos con moito agrado que o Proxecto Documental Integrado "Mergúllate!" foi uns dos vinte traballos premiados nesta edición. No pasado curso aprendimos e investigamos sobre os mares e océanos, ao igual que neste curso estamos a facer co patrimonio material e inmaterial de Galicia.

Agradecemos a todas as persoas e entidades que colaboraron no seu desenvolvemento, por suposto a toda a comunidade educativa que forma parte do centro, que recibe este premio como un gran recoñecemento ao seu labor durante estes cursos, parabéns para todos/as!

Grazas e parabéns para toda a comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario