O PDI Galeguízate! xa está comezando coa investigación por parte do alumnado, neste caso os nenos/as de 3º de EP estiveron onte na biblioteca participandon da proposta "Pegadas do noso". Esta actividade trátase nun proxecto de divulgación realizado por Xandobela. Educación e cultura, subvencionado pola Deputación da Coruña, dentro do proxecto que se denomina "Xogando co patrimonio". Así, a través do xogo descubriron diversos aspectos do patrimonio cultural inmaterial de Galicia, como foron a literatura, as festas, música, os traxes, apeiros e mitoloxía.
Todo o alumnado recibiu un carnet de investigadores/as da cultura galega, xa que tiveron que resolver adiviñas para conseguilo. Aquí tedes algúns dos momentos que compartiron con Nerea, que aprendeu todo isto da súa avoa Rosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario