venres, 4 de novembro de 2022

O Samaín entra na biblioteca

Esta semana o alumnado de 6ºEP realizou na biblioteca unha representación teatral para os nenos/as de 2ºEP coa Santa Compaña como convidada especial na hora de ler. A obra está baseada na obra a Costureira das ánimas de Suso Cubeiro e Ana Prado. Agardamos ter a intervención da Santa Compaña no estudio de Emilia na Onda.

Completamos esta semana coa que rematamos o Samaín, se queredes aprender máis sobre esta celebración galega podedes vistar a páxina web do colexio e consultar os recursos que publicou  o EDLG. Lembrade que tedes unha selección de obras na biblioteca para pasar un pouco de medo coa súa lectura.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario