luns, 2 de maio de 2022

Traballar no mar

Onte, 1 de maio, foi o día Internacional dos Traballadores, no que se celebra e recoñece o labor de todas as traballadoras. Aproveitando esta conmmeoración queremos que descubrades e recoñezades algunhas das profesións relacionadas co mar.

Como sempre hai unha pregunta na que teredes que presentarnos algún destes traballos que se realizan no medio ou na contorna mariña, aproveitade para investigar e descubrir algunha diferente ás máis coñecidas.

Estas eran as preguntas da anterior edición do concurso:

1. Como se chama o libro de Xosé Tomás que achega a través do cómic a vida mariña?

Xosé Tomás ten unha serie de cómics relacionados co medio natural, así en Animalia 3. Azul encárgase de presentarnos o medio mariño.

2. Antonio García Teijeiro escribiu moitos libros inspirándose no mar, de que xénero son moitos dos seus libros sobre o mar?

Aínda que Antonio García Teijeiro é un autor que domina varios xéneros literarios, a a maior parte dos seus libros relacionados co mar son de poesía.

3. Moitos dos libros están a tratar o tema da contaminación dos mares, que títulos dos seguintes teñen un carácter ecolóxico?

Entre as obras polas que se podía optar a opción correcta era a que mencionaba a Sunakay, cómic no que nun mundo no futuro loitase contra a invasión dos mares polo lixo, e Xelís o guieiro de botellas de mar, novela na que tratarase de remediar o imparable avance dunha illa de plástico. 

4. Que autor ten unha escultura en Vigo conmemorando a súa visita a esa cidade e que libro de Ledicia Costas fai mención a esta visita?
Xulio Verne visitou Vigo nos anos 1878 e 1884, e Ledicia Costas recolle esta última visita no seu libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.

5. Menciona algún autor/a que se inspirase no mar para algunha das súas obras e por que nos recomendas ese libro.

20.000 leguas de viaje submarino de Julio Verne. Lo recomendamos porque es un libro en el que con el capitán Nemo y su submarino el Nautilus podemos viajar y vivir aventuras increíbles!!!!

Andrea Maceiras e recomendo o libro Volverás, golfiño. É un libro que ten misterio e entretenimiento para a xente que o lle gusta ese xenero de literatura.

Katie O'Neill (Bahía Acuicornio): Novela gráfica con ilustracións moi bonitas. Nela abórdase o tema da contaminación no mar. Tamén toca o tema dos naufraxios. Rafael Alberti, poeta para quen nas súas propias palabras "o mar é todo". Non todos os poemas son infantís pero destacan pola súa beleza e polo amor que demostran polo mar.

Estas son as preguntas desta semana:


Ningún comentario:

Publicar un comentario