luns, 9 de maio de 2022

As respostas están no mar

Esta é a 15ª semana de concurso, coa que rematamos esta actividade durante o curso. Nela centrarémonos nos avances tecnolóxicos, no aproveitamento do mar para mellorar a saúde das persoas e tamén a importancia que tén o mar na gastronomía, aspectos que contribúen a tentar acadar os ODS, cos que comezabamos na primeira semana de concurso no mes de xaneiro. Agardamos que vos servise para aprender e guiarvos na investigación que realizamos durante este curso sobre o mar.

Estas eran as preguntas da anterior edición do concurso:

1. Que profesión é a que se adica a a estudar os mares e océanos e como se relacionan co resto da Terra?

A resposta correcta entre as opcións que se ofrecían era a de oceanógrafo/a.

2. Cal é o labor das redeiras?

As redeiras encárganse da elaboración e reparación de aparellos de pesca.

3. Cal destas profesións non está relacionada co mar?

Os topógrafos/as son as persoas encargadas da medición, delimitación de espazos e trazado de terreos para diversos fins.

4. O alumnado de 5º entrevistou a Rogelio Santos Queiruga, de profesión mariñeiro. Explicou o motivo do nome do barco no que navega, cal é ese motivo?
Un barco noruego no que navegou o seu pai chamado Milena foi o motivo polo que chamaron dese xeito ao seu barco.

5. Escribe o nome dunha profesión relacionada co mar e explica en que consiste o seu traballo.

ENXEÑEIRO NAVAL: Encárgase do deseño e construción dos proxectos marítimos, creación de barcos, plataformas petrolíferas, peiraos ou calquera instrumento útil na actividade naval. Foi unha das primeiras enxeñerías que xurdiu debido á necesidade de construír e reparar embarcacións para poder circular polo mundo. En España, no século XVIII eran chamados construtores e non foi ata o ano 1770 cando apareceu o termo enxeñeiro da mariña e posteriormente, enxeñeiro naval. O enxeñeiro naval debe ter moitos coñecementos de diferentes campos da enxeñería. Un famoso enxeñeiro naval foi Thomas Andrew, deseñador do Titanic.

FAREIRO: A RAG defíneo como "persoa que traballa nun faro". Deben asegurarse de que as instalacións do faro estean en bo estado e a maquinaria non teña ningún problema mecánico que lle impida funcionar. Na súa profesión, en caso de avaría ou perigo, deben facer uso da linguaxe de sinais marítimas. Algúns residen no propio faro, polo que a súa dispoñibilidade é completa. Aínda que se trata dunha profesión moi importante, está en vías de extinción, xa que o mantemento dos faros está sendo substituído por mecanismos electrónicos automatizados.

BUZO: Ten por oficio traballar sumerxido no mar, ríos ou lagos para realizar búsquedas, actividades científicas, rescates ou pesca. Xeralmente van equipados cun traxe especial (neopreno) e tubos de osíxeno. Con este soporte, poden estar ata unha hora sumerxidos na auga. Nalgunhas ocasións, os buzos non descenden con osíxeno, senón que o fan "a pulmón". Esta práctica coñécese como apnea. Un buzo profesional moi adestrado pode descender deste xeito ata unha profundidade de 12 metros.

PESCADOR: consiste en pescar peixes con diferentes técnicas e tipos de redes, estar a tentos a coidar o mar como nos conta Rogelio SAntos Queiruga.

Estas son as preguntas desta semana:


4 comentarios:

  1. Me da pena que se acabe esta interesante actividad, todas las semanas nos entreteníamos mi clase y yo buscando las respuestas correctas, una actividad muy interesante y productiva, me gustaría que siguiera durante muchos años más.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Biblioteca EPB09/05/22, 22:57

      Ola, alégranos que che gustara e que vos axudara a aprender sobre o tema. Nós tamén agardamos que continúe e que o resto do alumnado goce tanto dela coma ti.
      Un saúdo.

      Eliminar
    2. Tes moita razón e aunque eu xa o ano que vén paso ao instituto gustaríame que os demais disfrutaran desta fermosa actividade.

      Eliminar
  2. Biblioteca EPB12/05/22, 16:59

    Ola, tentaremos que sexa así, grazas!

    ResponderEliminar