mércores, 18 de maio de 2022

Mollados coa información!

O concurso chegou ao final, pero aínda quedan por solucionar as últimas preguntas da semana pasada. Agardamos que vos servise para coñecer diversos aspectos relacionados cos mares e océanos e que gozásedes cos recursos da biblioLab que tivestes na vosa clase durante estas semanas e que tamén vos axudaron a aprender sobre programación, xogar en equipo, desenvolver a vosa creatividade e tamén pasar o tempo de lecer.

Estas eran as preguntas da anterior edición do concurso:

1. As enerxías renovables son básicas para acadar os ODS, como se chama a enerxía que se obtén das ondas?

A resposta correcta entre as opcións que se ofrecían era a de undimotriz.

2. En moitos lugares a falta de auga é un problema para a poboación e seguindo co desenvolvemento dos ODS as potabilizadoras e desaladoras teñen gran importancia, cal é a diferencia entre as dúas?

A grande difeencia é que a potabilizadora pode referirse a calquer proceso de facer a auga, de diversa orixe, apta para o consumo humano e a desaladora refírese exclusivamente ao proceso de desalinización da auga do mar para facela apta para o consumo humano.

3. Que é a oceanografía?

A definición correcta era "a ciencia que estuda os mares, océanos e todo o que se relaciona con eles."

4. A medicina utiliza actualmente produtos que se obteñen dos mares e océanos para crear medicamentos que curen ou faciliten a vida aos doentes, pero xa se veñen utilizando desdea Idade antiga. Cal destes medicamentos foi o primeiro en obterse do mar?

En 1969 aprobouse aprobouse a citarabina como fármaco para tratar a leucemia, e que provén da esponxa mariña.

5. Escribe unha receita na que se utilicen so alimentos do mar.

Mexillóns ao vapor: Hai que limpalos moi ben para comezar, baixo o chorro de auga ou nun bol. Coa axuda dun coitelo, retiramos as barbas e outras impurezas. Poñemos unha cazola ao lume con tres culleradas de auga, engadimos os mexillóns e poñémolos a cociñar con intensidade oito ou dez minutos, ata que comecen a abrir. Unha vez listos, apagamos o lume, retiramos os mexillóns e servímolos. Podemos aproveitar o zume que desprenden xunto coa auga para outras receitas futuras.

Robaliza ao sal: Preparar o forno a 200ºC. Lavar e desaugar ben as robalizas. Nun recipiente apto para forno, colocaremos unha cama de sal gordo, dun centímetro de espesor. Colocamos as robalizas enriba e cubrirémolas completamente con máis sal (2 kg en total), deixando destapadas a cola e a cabeza. Introducimos o peixe no forno previamente quentado e deixaremos que se cociñen durante trinta minutos. Unha vez cocidas, sacámolas do forno e deixámolas repousar uns minutos. Retiramos ambos peixes e pasámolos con coidado a unha táboa de picar. Cun coitelo ben afiado, retiramos o sal, cortamos os lombos e servimos.

Este é o resumo das 15 semanas con toda a información, picando en ver respostas anteriores accederedes a elas:

Moitas grazas por participar!



Ningún comentario:

Publicar un comentario