No desenvolvemento do PDI "Sabor e saber" realizamos na BiblioLab distintos obradoiros que pretendían achegar información sobre os alimentos desde distintas perspectivas. Xa vos presentamos anteriormente Volcán ácedo, Legoalimentos e Alimentos con enerxía. Quedábanos por mostrarvos Alimentos de papel, xa que foi o que menos sesións tiñamos desenvolvidas ata o momento.
O obradoiro consistiu en elaborar en papel uns alimentos (papiroflexia) seguindo as instrucións do artista xaponés Fumiaki Shingu. Logo procurouse información sobre o alimento nos libros da exposición do proxecto, tendo tamén a posibilidade de buscar información en fontes de internet.O material utilizado foron follas de papel de cores, texto instrutivo e libros.
O equipo de biblioteca elaborou unha infografía para guiar na procura de información na rede. Organizado en forma de preguntas trataba de guiar ao alumnado na búsqueda de fontes fiables de información, estes carteis estaban permanentemente colocados na zona de ordenadores tanto da biblioteca como da biblioLab, e foron material de apoio durante a presentación de actividades de investigación. Consideramos necesario publicalo a achegalo a todos/as nestes momentos no que as fontes na rede son as máis utilizadas nos fogares do noso alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario