sábado, 18 de abril de 2020

Onda Ti episodio 4

Este domingo ás 12h. volve OndaTi, o programa en directo de Emilia na Onda no que queremos estar cerca de ti, que nos acompañedes coas vosas voces, coas vosas opinións... e máis nestes momentos nos que estamos lonxe de vós. Esta semana seguiremos coas seccións da entrevista, ContamosTodos e a participación dos oíntes.
Neste programa haberá espazo para as vosas intervencións, na sección Fala con nós! desexariamos que nos contedes que vos gustaría facer o primeiro día que poidades saír á rúa, tamén escoitaremos un conto en ContamosTodos, tamén entrevistaremos a unha técnica de Axuda en Acción, tamén estrearemos unha nova sección "Temos unha mensaxe de..."
Nesta entrada publicaremos o directo. No caso de querer participar a través da liña telefonica podedes contactarnos a través do noso canal de skype (bibliotecaepb@gmail.com) ao longo do programa para poder intervir na sección "Fala con nós!", irémosvos agregando ao longo da retransmisión. Tamén podedes intervir a través do chat que se habilitará cando se publique o programa.
Agardámosvos o domingo, non faltedes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario